Ademais de proxectos de arquitectura, en Proxectea tamén ofrecemos un servizo de deseño de interiores en Pontevedra ou en calquera recuncho de Galicia para vivendas, oficinas e locais comerciais.
Brindamos asesoramento personalizado baseado nunha coidada selección de catálogos e marcas de referencia, facilitando a elección de materiais, mobiliario e texturas. Neste proceso, o uso de renderizados hiperrealistas resulta fundamental, xa que permite previsualizar distintas combinacións de acabados e detalles estéticos con total realismo. Chámanos para preparar o teu bosquexo!