Traballos de arquitectura en Pontevedra

Proxectos de arquitectura en Pontevedra totalmente personalizados

Cóntanos a túa idea! 986 660 585

Proxectos de arquitectura á medida para construír o teu fogar

Traballamos a idea do cliente

Transformamos as túas necesidades e visión persoal nun proxecto arquitectónico tanxible, tendo en conta os teus obxectivos.

Deseño adaptado á finca e ao orzamento

Solucións personalizadas que optimizan as características do terreo e se axustan á túa realidade económica.

Priorizamos a viabilidade

Enfocamos cada proxecto desde un prisma técnico, legal e urbanístico para asegurar que poida construírse sen contratempos.

Compromiso integral en todos os nosos proxectos de arquitectura en Pontevedra

En Proxectea realizamos proxectos de arquitectura en Pontevedra, tanto para a creación de vivendas unifamiliares como a posta en marcha de proxectos de actividade e a transformación de espazos.

Ofrecemos un servizo integral no que nos encargamos de todas as fases do proxecto, desde a aceptación de herdanza, rexistro e matriculación da finca ata a obtención de licenzas de obra. Unha vez iniciado o proceso construtivo, asumimos a dirección de obra. Aínda que mantemos a nosa independencia profesional e non contratamos directamente á empresa construtora, facilitamos o proceso recomendando empresas de confianza.

Proxectos de arquitectura en Pontevedra
Contactar cun arquitecto en Pontevedra

Buscas a un arquitecto? Somos a túa solución

Se tes en mente un proxecto de arquitectura en Pontevedra ou en calquera parte de Galicia, non o dubides máis e chama ao equipo de arquitectos de Proxectea. Escoitaremos a túa idea e analizaremos o teu caso para determinar a viabilidade do teu proxecto. Agardámoste!

Chámanos!

Así traballan os nosos arquitectos en Pontevedra

Entrevista inicial sen compromiso

Mantemos un primeiro contacto para coñecer as túas necesidades, obxectivos e a visión que tes para o teu proxecto e poder establecer as bases do traballo.

Visita á parcela

Desprazámonos ao terreo para realizar unha análise do contorno. Avaliamos aspectos fundamentais como a topografía, a orientación e as condicionantes urbanísticas.

Proposta esquemática e honorarios

Presentamos un esquema preliminar que recolle a esencia do deseño xunto cun orzamento detallado. Unha vez que se valide a nosa proposta, asínase o contrato.

Dirección de obra e supervisión

Supervisamos cada etapa da obra, controlando a calidade dos procesos e o cumprimento dos estándares técnicos para garantir un resultado final óptimo.

Servizos de arquitectura en Pontevedra

Todo o que necesitas saber sobre o noso servizo de arquitectura

Pedir orzamento a arquitectos en Pontevedra

O teu proxecto de arquitectura en Pontevedra en mans de Proxectea

Fai realidade o teu próximo proxecto da man dun equipo de arquitectos en Pontevedra que ofrece servizo en calquera recuncho de Galicia. Contacta con Proxectea e cóntanos que tes en mente.

Pide un orzamento!